Uruguai | A continuación ofrecemos o Boletín SE.DI.CE Nº 811 correspondente ao 12 de maio de 2025.
Día das Letras Galegas
Cristina Fernández realizará unha disertación sobre “As Cantareiras Galegas e os seus Cantos Populares Atemporais” o día 15 de maio, ás 19 horas, no Centro Gallego de Montevideo. Tamén actuarán as Cantareiras “Enxebre” e “As Coruxas”. Pola súa banda, a Federación de Asociacións Galegas no Uruguai realizará o 17 de maio, Día das Letras Galegas, a primeira Xuntanza das Asociacións deste 2025 co acto “As Letras das Cantareiras”. Finalmente, o Patromato da Cultura Galega tamén celebrará o Día das Letras Galegas o 19 de maio.
71 aniversario de “Alma Gallega”
O 25 de maio, a partir das 13 horas, se celebrará o 71º aniversario do Centro Cultural y Recreativo “Alma Gallega” con música e cotillón.
IV edición de “Camino a Santiago”
A Asociación Uruguaya de Amigos del Camino de Santiago realizará a cuarta edición da actividade “Camino a Santiago” en conxunto coa empresa CUTCSA o domingo 15 de maio, partindo ás 10 hora do Mojón da empresa na Planta José Añon (Avda. José Pedro Varela esquina Bulevar José Batlle y Ordoñez).
Bolsas Retorna Talento FP
A Xunta e Galicia abriu o prazo ata o 27 de maio para solicitar as Bolsas de Formación “Retorna Talento FP”, cun total de 150 bolsas de 4.000 a 12.000 euros para certificados de profesionais e ciclos de FP Dual Intensiva. Por outra banda, a Xunta duplica as prazas do Programa “Concecta co Voluntariado en Galicia” destinado á mocidade galega no exterior entre 21 e 30 anos. Poderase elexir entre un campamento ambiental na ría de Arousa e outro no castro de Viladonga entre o 26 de agosto e o 6 de setembro.
Ciclo Mestre Mateo
A Consellería de Emigración e a Academia Galega do Audiovisual lean aos galegos no exterior o ciclo Mestre Mateo entre xuño e novembro con oito entidades de América, Europa e España para visualizar diversos filmes nas categorías de mellor longametraxe e mellor documental.
Día do Libro
A delegada da Xunta de Galicia en Uruguai, Elvira Domínguez, participou nunha serie de eventos culturais con motivo do Día Internacional do Libro para fortalecer os lazos culturais entre Galicia e Uruguai.