Diáspora

“Raíces nas augas”, unha crónica histórica da emigración
Arxentina, Diáspora

“Raíces nas augas”, unha crónica histórica da emigración

Arxentina | O historiador e profesor Hugo Javier Freitas vén de publicar o seu libro “Raíces nas augas”, unha obra de non ficción histórica e narrativa sobre emigración, memoria familiar e vínculos entre Galicia, Europa e o Río da Prata. O libro reconstrúe historias de homes e mulleres que marcharon cara á Arxentina e ao Uruguai, pero tamén atende a aqueles que quedaron, das familias partidas polo Océano, das cartas, dos silencios, dos oficios, das perdas e desa memoria galega que continuou viva na outra beira do Atlántico. No caso galego, a obra ten unha relación especial coa provincia de Lugo, coa parroquia de Candia, en Abadín, e coa experiencia da emigración como ferida familiar e tamén como ponte entre xeracións. A obra conta tamén cunha edición alemá, Wurzeln im Wasser, public...
As gaitas de Torroso soarán en Bos Aires
Arxentina, Diáspora

As gaitas de Torroso soarán en Bos Aires

Arxentina | Unha representación do Grupo de Gaitas Ruada de Torroso acompañou á comitiva municipal a Bos Aires ata o 21 de abril, coincidindo coa celebración do 108 aniversario da Asociación de Residentes de Mos na capital arxentina. Ruada de Torroso é unha agrupación vinculada ao Centro Recreativo Cultural e Veciñal de Torroso que naceu no ano 1985. Actualmente está formada por arredor de vinte integrantes, con idades que van dos 14 aos 55 anos. Co tempo xurdiu Ruada Folc, unha proposta que amplía o formato tradicional incorporando novos instrumentos e sonoridades.
Homenagem do historiador Daniel Bastos á diáspora portuguesa de California
Diáspora, EE.UU.

Homenagem do historiador Daniel Bastos á diáspora portuguesa de California

Aldea Global | No início de abril, o historiador da diáspora Daniel Bastos realizou um ciclo de apresentações na Califórnia, estado que acolhe a maior comunidade de origem portuguesa nos Estados Unidos, com o objetivo de dar a conhecer a obra Monumentos ao Emigrante – Uma Homenagem à História da Emigração Portuguesa. Em português e inglês, com tradução de Paulo Teixeira, o livro resulta de uma colaboração com o fotógrafo Luís Carvalhido e baseia-se num levantamento dos monumentos de homenagem ao emigrante existentes em todos os distritos de Portugal continental, bem como nas Regiões Autónomas dos Açores e da Madeira. A obra afirma-se como um percurso pela memória da emigração portuguesa, valorizando o património material e simbólico que testemunha a experiência migratória. O ...
A Xunta de Galicia monitorea a situación política e social de Venezuela
Diáspora, Venezuela

A Xunta de Galicia monitorea a situación política e social de Venezuela

Venezuela | O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, acompañado polo secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, iniciou a axenda da súa primeira viaxe institucional a Venezuela cun encontro de traballo co embaixador de España neste país, Álvaro Albacete. O obxectivo desta reunión é analizar a situación da colectividade galega nun contexto marcado pola especial complexidade política e social. Segundo a última Estatística do Padrón de Españoles Residentes no Estranxeiro (PERE), publicada polo INE, a comunidade galega en Venezuela supera as 30.000 persoas. Neste escenario, o conselleiro salienta que a visita permitirá reforzar o apoio institucional da Xunta, ao tempo que se continúan impulsando as diferentes liñas de axuda e acompañamento social, ...
Grecia e a emigración galega en Suíza estarán no ciclo Poetas Di(n)versos
Diáspora, Galicia

Grecia e a emigración galega en Suíza estarán no ciclo Poetas Di(n)versos

Galicia | O ciclo Poetas Di(n)versos, organizado polo Concello da Coruña e dirixido pola Premio Nacional de Poesía Yolanda Castaño, volve este luns 16 de febreiro ao auditorio do Centro Sociocultural Ágora (20.00 horas), cun novo recital de poesía, que continuarán ata o mes de xuño. “O Concello promove este ciclo de excelencia, que achega á cidadanía o mellor da poesía nacional e internacional e que enche os espazos municipais co mellor da cultura”, sinalou o concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro. Nesta ocasión, as letras que se recitarán no auditorio chegarán de Grecia e da migración galega en Suíza, con Dimitra Christodoulou e Carmen Villar Alonso. A cita do vindeiro luns dalle continuidade a un ciclo que trouxo á Coruña o pasado mes de xaneiro ao premio Nobel africano ...
“Unha maleta de cartón” busca colocar a Cerponzóns na historia
Diáspora, Galicia no mundo

“Unha maleta de cartón” busca colocar a Cerponzóns na historia

Galicia no mundo | A concelleira de Promoción da Cidade do Concello de Pontevedra, Anabel Gulías, e a Asociación de Veciños O Chedeiro presentaron o spot publicitario Visit-Pontevedra Cerponzóns que inclúe a proxección do documental “Unha maleta de cartón” que narra as historias dos veciños da parroquia de Cerponzóns que tiveron que emigrar. A iniciativa busca igualmente valorizar o patrimonio histórico e cultural desta pouco coñecida parroquia pontevedresa. O documental será presentado na UNED de Pontevedra este 6 de febreiro ás 20 horas.
200 maiores volven á terriña grazas a “Reencontros con Galicia”
Diáspora, Galicia

200 maiores volven á terriña grazas a “Reencontros con Galicia”

Santiago de Compostela | O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, recibiu hoxe na Praza da Quintana as persoas participantes na última edición do programa impulsado pola Xunta Reencontros con Galicia, chegadas a semana pasada desde Venezuela, Cuba, O Brasil, México, Bolivia, A Arxentina e O Uruguai. Alí, destacou que esta iniciativa ten como finalidade facilitar o contacto dos residentes do exterior maiores de 65 anos coa Galicia actual e coas súas familias e consolidar os lazos firmes que nos ligan coa comunidade galega da diáspora, que el mesmo puido comprobar na súa recente viaxe á Arxentina. O conselleiro destacou os máis de 35 anos de traxectoria que acumula este programa, que se desenvolve en colaboración coa Consellería de Política Social e Igual...
II edición do Maratón de Galeguidades
Diáspora, Galicia

II edición do Maratón de Galeguidades

Galicia | O Maratón de Galeguidades é un programa de televisión por internet da Deputación da Coruña, que se desenvolverá entre as 8:30 e as 19:30 do 24 de xullo de 2025. Durante as once horas de emisión participarán máis de cen persoas, por medio de episodios temáticos como música, economía, deportes ou ciencia, rematando coas entidades de Arxentina e Uruguai que impulsaron a celebración do Ano Castelao neste 2025. O Maratón sucederase por medio de faladoiros e entrevistas encadeadas en directo, como unha celebración na véspera do Día Nacional de Galicia para conectar a Galicia territorial coa Galicia exterior. Enténdese tamén como un exercicio de intelixencia colectiva, para poñer en valor a voz da diáspora no 2025 e atopar fórmulas que conecten mellor a Galicia territorial e a Ga...
A música da Banda de Gaitas da Irmandade de Montevideo estará na Festas do Cristo no Porriño
Diáspora, Uruguai

A música da Banda de Gaitas da Irmandade de Montevideo estará na Festas do Cristo no Porriño

Uruguai | A banda de gaitas Irmandade, do Centro Social Cultural e Deportivo de Bolos Val Miñor de Montevideo, dará un concerto este mércores 13 de setembro ás 21 h na Praza Arq. Antonio Palacios. Con motivo da celebración dos seus 20 anos de existencia, a banda de música tradicional galega decide cumprir o seu sono de poder actuar e participar de festas na terra dos seus antergos. Por iso, cunha representación de 10 integrantes, neste mes de setembro viaxou a Galicia para poder facer realidade este obxectivo de amosar o que fan con moita paixón e agarimo, desde hai xa 20 anos. Esta banda foi creada a principios do ano 2003 en Uruguay por iniciativa dun grupo de mozos descendentes de galegos, para poder continuar coa tradición musical dos seus pais e avós. Desde o seu comenzo ...
Morreu o afamado narrador galego-venezolano Lázaro “Papaíto” Candal
Diáspora, Venezuela

Morreu o afamado narrador galego-venezolano Lázaro “Papaíto” Candal

Venezuela | O popular narrador, comentarista e xornalista Lázaro "Papaíto" Candal faleceu este 23 de agosto aos 91 anos de idade na cidade da Coruña. Así o informou vía Instagram o seu fillo, o tamén xornalista e narrador Álex Candal. Nas súas redes sociais, o R.C. Deportivo da Coruña quixo tamén expresar o seu pesar polo falecemento "dun coruñés de sangue e dun 'deportivista' de corazón". Nado en 1931 na cidade herculina, Candal comezou en 1953 en La Voz de Galicia unha prolífica traxectoria xornalística que levouno a ser un dos personaxes máis populares na súa segunda patria, Venezuela, país ao que emigrou en 1960. Alí foi correspondente de La Voz de Galicia e do diario Marca e redactor do xornal Últimas Noticias. Pero foi na TV venezolana onde deixou pegada o xornalista coruñé...

Os nosos anunciantes son importantes para nós.
Fainos o favor de desactivar o bloqueador de anuncios ou
engadir este sítio a túa lista branca.

Grazas!