
Arxentina | O historiador e profesor Hugo Javier Freitas vén de publicar o seu libro “Raíces nas augas”, unha obra de non ficción histórica e narrativa sobre emigración, memoria familiar e vínculos entre Galicia, Europa e o Río da Prata.

O libro reconstrúe historias de homes e mulleres que marcharon cara á Arxentina e ao Uruguai, pero tamén atende a aqueles que quedaron, das familias partidas polo Océano, das cartas, dos silencios, dos oficios, das perdas e desa memoria galega que continuou viva na outra beira do Atlántico. No caso galego, a obra ten unha relación especial coa provincia de Lugo, coa parroquia de Candia, en Abadín, e coa experiencia da emigración como ferida familiar e tamén como ponte entre xeracións. A obra conta tamén cunha edición alemá, Wurzeln im Wasser, publicada por Gabriele Schäfer Verlag, e que se pode atopar nesta ligazón.
