Galicia no mundo

O “Jazz de Ría”, unha viaxe musical de Galicia ao Perú
Galicia, Novas da emigración

O “Jazz de Ría”, unha viaxe musical de Galicia ao Perú

Galicia | Do arquivo sonoro de Alan Lomax en Galicia ás músicas chegadas do outro lado do Atlántico. O Jazz de Ría trasladará mañá xoves 13 de agosto a súa décima edición a Valdoviño cunha xornada concibida como unha pequena travesía musical e paisaxística pola costa: comezará ás 19.00 horas na praia de Pantín, avanzará a pé ata o Castro do Rodo coa intervención de Marina Vigo, Luís Bolón e Sandra Pérez e continuará ás 21.00 horas na praia do Baleo co concerto dos peruanos Alejandro y María Laura. Trala apertura do festival en Cedeira, a segunda xornada condensará outra das ideas que definen estes dez anos de Jazz de Ría: saír dos escenarios convencionais para facer da paisaxe parte da experiencia artística. Desta volta, o público será tamén parte activa desa experiencia, percorrend...
XI Concurso de Cortadores de Xamón na Caniza
Correo do emigrante, Galicia

XI Concurso de Cortadores de Xamón na Caniza

Galicia | A Caniza celebrará este 15 de agosto o XI Concurso de Cortadores de Xamón A Caniza 2026, incluído na programación dos actos da 60ª edición da Festa-Feira do Xamón. A cita comezará ás 11:00 horas na Carballeira do Cacharado e ten como obxectivo recoñecer ao participante que demostre unha maior habilidade, estilo e creatividade no corte de xamón. O concurso está organizado polo Concello de A Caniza e a Asociación de Cortadores de Xamón de Galicia, coordinado e dirixido polos cortadores profesionais Víctor Burgos ( experto xamoneiro local) e Juan Antonio Barbero Peral. Poderán participar cortadores profesionais do sector, veciños e persoas interesadas, co prazo de inscrición aberto ata o 13 de agosto ás 23:59 horas. Cada participante disporá dun xamón de características...
António Costa, presidente do Consello Europeo, recoñece que a columna racista de Rajoy durante o Mundial é “inaceptable”
Novas da emigración, Outros países

António Costa, presidente do Consello Europeo, recoñece que a columna racista de Rajoy durante o Mundial é “inaceptable”

Bruxelas | A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, vén de recibir a resposta oficial do presidente do Consello Europeo, António Costa, á carta enviada xunto a 22 eurodeputadas e eurodeputados o 14 de xullo na que denunciaban a tribuna de opinión do ex presidente do Goberno, Mariano Rajoy sobre a selección francesa durante a Copa do Mundo de Fútbol na que de xeito racista e xenófobo desprezaba a composición da selección nacional francesa asegurando que era de "altísimo nivel, eso si, sen franceses". Na misiva achegada polo equipo de Antonio Costa critícanse eses termos como "inaceptables" porque "non teñen lugar nun discurso público respectuoso". "As preocupacións sobre a natureza racista e xenófoba desas afirmacións" escritas polo señor M. Rajoy "chamaron a atención" do presidente Costa...
O PSdeG defende dende Arxentina a necesidade da Lei de Netos
Arxentina, Diáspora

O PSdeG defende dende Arxentina a necesidade da Lei de Netos

Arxentina | O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou este Día Nacional de Galicia o papel decisivo da emigración na construción do país e advertiu de que os socialistas defenderán con firmeza os dereitos recoñecidos aos seus fillos, fillas, netos e netas a través da Lei de Memoria Democrática. Besteiro pronunciou desde o Centro Galicia de Bos Aires unha mensaxe conectada co acto tradicional do PSdeG en Rianxo, vila natal de Castelao, na que uniu as dúas beiras do Atlántico e situou a Galicia exterior no centro do presente e do futuro do país. “A emigración, que axudou a construír Galicia e a manter viva a nosa identidade no exterior, non se toca. Quen ataca a Lei de Netos ataca a nosa historia”, proclamou. O líder socialista lembrou que Bos Aires foi du...
A Deputación de Pontevedra compromete axudas ás vítimas dos terremotos en Venezuela
Novas da emigración, Venezuela

A Deputación de Pontevedra compromete axudas ás vítimas dos terremotos en Venezuela

Venezuela |  O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, compromete a axuda da Deputación ás vítimas dos terremotos ocorridos en Venezuela. Fíxoo durante un encontro cos dirixentes das seis asociacións de venezolanos representativas da provincia, cos que mantivo un encontro no seu despacho do Pazo provincial coa intención de amosar a solidariedade da Administración provincial, de coñecer de primeira man a situación do país logo da traxedia e garantir o apoio da Deputación ás vítimas. Durante o encontro, o mandatario provincial comprometeu a axuda da Deputación á cidadanía venezolana afectada polos dous terremotos. O organismo provincial estuda xa o mecanismo para conceder axudas dirixidas ás asociacións de venezolanos da provincia, que serán as encargadas de facer chegar o...
O IES Pedras Rubias de Salceda recupera dúas cabeceiras históricas da emigración
Arxentina, Novas da emigración

O IES Pedras Rubias de Salceda recupera dúas cabeceiras históricas da emigración

Argentina | Galiciana-Biblioteca Dixital de Galicia acaba de incorporar unha nova colección histórica procedente da diáspora galega na Arxentina: os exemplares conservados de La Voz del Centro e El Agrario, publicacións editadas en Bos Aires polo Centro de Protección Agrícola de Salceda de Caselas entre 1917 e 1926. A colección foi prestada á Biblioteca de Galicia por un veciño do concello de Salceda de Caselas, a través da intermediación do IES Pedras Rubias desta mesma localidade. Este préstamo temporal permitiu levar a cabo a súa dixitalización e difusión pública a través de Galiciana-BDG. Trátase de tres volumes encadernados que reúnen boa parte dos 108 números publicados, aínda que faltan 27 exemplares da colección orixinal. O proxecto permitiu incorporar a Galiciana-BDG...
“Raíces nas augas”, unha crónica histórica da emigración
Arxentina, Diáspora

“Raíces nas augas”, unha crónica histórica da emigración

Arxentina | O historiador e profesor Hugo Javier Freitas vén de publicar o seu libro “Raíces nas augas”, unha obra de non ficción histórica e narrativa sobre emigración, memoria familiar e vínculos entre Galicia, Europa e o Río da Prata. O libro reconstrúe historias de homes e mulleres que marcharon cara á Arxentina e ao Uruguai, pero tamén atende a aqueles que quedaron, das familias partidas polo Océano, das cartas, dos silencios, dos oficios, das perdas e desa memoria galega que continuou viva na outra beira do Atlántico. No caso galego, a obra ten unha relación especial coa provincia de Lugo, coa parroquia de Candia, en Abadín, e coa experiencia da emigración como ferida familiar e tamén como ponte entre xeracións. A obra conta tamén cunha edición alemá, Wurzeln im Wasser, public...
A poeta Olga Novo gaña o III Premio Letras Galegas Vivas
Cataluña, Novas da emigración

A poeta Olga Novo gaña o III Premio Letras Galegas Vivas

Barcelona | A Biblioteca Sabela Labraña, pertencente á Asemblea Cultural Galega de Barcelona, entregou o III Premio Letras Galegas Vivas á profesora, poeta e ensaísta Olga Novo, un recoñecemento que destaca o seu compromiso coa lingua e a cultura galegas. O acto celebrouse o 25 de abril no Ateneu Roig, sede da asociación, nun ambiente de emoción e compromiso coa lingua. Máis de 50 persoas asistiron ao evento, que comezou cunha breve introdución sobre a historia do premio e da propia biblioteca. Acto seguido, membros de Furafollas Agrupación Teatral recitaron tres poemas de Olga Novo, dando paso á intervención de Helena González, profesora de Filoloxía Galega da Universitat de Barcelona, quen realizou unha glosa da autora na que destacou a forza e a vitalidade da súa escrita. ...
As gaitas de Torroso soarán en Bos Aires
Arxentina, Diáspora

As gaitas de Torroso soarán en Bos Aires

Arxentina | Unha representación do Grupo de Gaitas Ruada de Torroso acompañou á comitiva municipal a Bos Aires ata o 21 de abril, coincidindo coa celebración do 108 aniversario da Asociación de Residentes de Mos na capital arxentina. Ruada de Torroso é unha agrupación vinculada ao Centro Recreativo Cultural e Veciñal de Torroso que naceu no ano 1985. Actualmente está formada por arredor de vinte integrantes, con idades que van dos 14 aos 55 anos. Co tempo xurdiu Ruada Folc, unha proposta que amplía o formato tradicional incorporando novos instrumentos e sonoridades.
Homenagem do historiador Daniel Bastos á diáspora portuguesa de California
Diáspora, EE.UU.

Homenagem do historiador Daniel Bastos á diáspora portuguesa de California

Aldea Global | No início de abril, o historiador da diáspora Daniel Bastos realizou um ciclo de apresentações na Califórnia, estado que acolhe a maior comunidade de origem portuguesa nos Estados Unidos, com o objetivo de dar a conhecer a obra Monumentos ao Emigrante – Uma Homenagem à História da Emigração Portuguesa. Em português e inglês, com tradução de Paulo Teixeira, o livro resulta de uma colaboração com o fotógrafo Luís Carvalhido e baseia-se num levantamento dos monumentos de homenagem ao emigrante existentes em todos os distritos de Portugal continental, bem como nas Regiões Autónomas dos Açores e da Madeira. A obra afirma-se como um percurso pela memória da emigração portuguesa, valorizando o património material e simbólico que testemunha a experiência migratória. O ...

Os nosos anunciantes son importantes para nós.
Fainos o favor de desactivar o bloqueador de anuncios ou
engadir este sítio a túa lista branca.

Grazas!