Valladolid | O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, visitou hoxe a Casa de Galicia en Valladolid onde puxo de relevo o papel desta entidade como referente da galeguidade en Castela e León, onde leva máis de 70 anos mantendo viva a cultura galega nesta zona. Un aniversario que se conmemorou en novembro do ano pasado nun acto ao que tamén asistiu o conselleiro.
Alí, o conselleiro tamén puxo o labor desta entidade como exemplo de dinamismo grazas ás máis de 200 persoas que son socias e que contribúen a fomentar a irmandade entre Galicia e Castela e León. Un cometido que desenvolven difundindo distintas tradicións galegas e a través de actividades como a música, o baile ou a literatura, así como da sección de mocidade para garantir a remuda xeracional neste labor.
Visitas como a de hoxe e outras realizadas a centros de Arxentina, Uruguai, Suíza, Liechtenstein e tamén en Asturias, Euskadi ou Madrid contribúen a seguir tendendo pontes e afianzar o compromiso coa comunidade galega no exterior, tanto nos distintos lugares de España como noutros países. Ademais, forman parte do apoio do Goberno galego ao labor destas entidades para continuar difundindo a cultura e tradicións de Galicia no exterior.