Tui exhibe a exposición “A fermosura do pequeno” de José Martínez Clotet
Galicia | Coincidindo coas festas de San Telmo a Sala Municipal de Exposicións, no edificio Francisco Sánchez, acolle unha excepcional exposición de maquetas de Tui realizadas por José Martínez Clotet. Co título de “A fermosura do pequeno” esta mostra presenta un total de 75 pezas, onde salientan as espectaculares maquetas de Tui e Valença, ás que se unen as 42 fachadas de todos os edificios do Paseo da Corredoira tudense e as 29 maquetas de monumentos, igrexas e outros edificios singulares do municipio.
José Martínez Clotet, natural de Murcia pero radicado en Tui dende hai moitas décadas, é un afeccionado ao maquetismo, que comezou a elaboración destas maquetas no ano 1981 reproducindo a tamaño reducido os principais monumentos e lugares do noso municipio. A última das súas achegas...