España

O Corpus confirma a súa internacionalización
As Casas de Galicia no mundo, Madrid

O Corpus confirma a súa internacionalización

Madrid | O Concello de Ponteareas presentou na Casa de Galicia en Madrid as festas do Corpus Christi 2025, entregando ante os embaixadores de Bélxica, Italia, Malta, ao secretario primeiro da embaixada de Polonia e á representante do Instituto de Cultura de Polonia un diploma como símbolo da unión creada a través da arte efémera das alfombras. Debe destacarse que a declaración BIC do Corpus por parte do Consello da Xunta fortalece a súa candidatura como patrimonio inmaterial por parte da UNESCO.
Casa de Galicia en Valladolid, un referente da galeguidade
As Casas de Galicia no mundo, España

Casa de Galicia en Valladolid, un referente da galeguidade

Valladolid | O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, visitou hoxe a Casa de Galicia en Valladolid onde puxo de relevo o papel desta entidade como referente da galeguidade en Castela e León, onde leva máis de 70 anos mantendo viva a cultura galega nesta zona. Un aniversario que se conmemorou en novembro do ano pasado nun acto ao que tamén asistiu o conselleiro. Alí, o conselleiro tamén puxo o labor desta entidade como exemplo de dinamismo grazas ás máis de 200 persoas que son socias e que contribúen a fomentar a irmandade entre Galicia e Castela e León. Un cometido que desenvolven difundindo distintas tradicións galegas e a través de actividades como a música, o baile ou a literatura, así como da sección de mocidade para garantir a remuda xeracional neste labo...
O presidente da Deputación de Lugo reivindica o papel crucial da comunidade galega en Cataluña
Cataluña, Novas da emigración

O presidente da Deputación de Lugo reivindica o papel crucial da comunidade galega en Cataluña

Barcelona | O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, asistiu no Gran Teatro do Liceu de Barcelona á gala “Unha xeración, dous mundos”; unha homenaxe á emigración galega en Cataluña do último século nun espectáculo teatral dirixido por Xisco Feijóo e Artur Puga coa participación de máis de 250 actores e músicos sobre o escenario. A institución provincial colabora coa iniciativa, promovida por Xuntanza de Catalunya e con 27 entidades de galegos na comunidade catalá involucradas na organización. José Tomé felicitou aos organizadores por “pensar e por sacar adiante este gran acto de homenaxe ao galeguismo en Cataluña, porque debemos reivindicar e sentirnos moi orgullosos deses milleiros de pequenas historias persoais e familiares que, xuntas, forman a gran historia dos 150...
PSdeG-PSOE: “a supresión do voto rogado é un exercicio pleno do voto dos emigrantes”
Diáspora, España

PSdeG-PSOE: “a supresión do voto rogado é un exercicio pleno do voto dos emigrantes”

España | O senador galego César Mogo celebrou a aprobación definitiva, hoxe na Cámara Alta, da reforma electoral presentada conxuntamente polo PSOE e Unidas Podemos. Mogo interveu no debate final do trámite lexislativo, no que sinalou que a reforma da Loreg “restitúe a plenitude dun dereito que, non deliberadamente, fora cercenado en 2011”. A reforma de hoxe suprime o voto rogado e “facilita a participación, ampliando os prazos para remitir documentación e o escrutinio e máis centros de votación directa”. Ademais, explicou, “gaña en seguridade para evitar a fraude”, xa que os sufraxios serán enviados por valixa diplomática e con identificación persoal do elector no voto por correo. Seguridade xurídica Sinala que esta reforma “corrixe unha inxustiza” coa anterior reforma, pens...

Os nosos anunciantes son importantes para nós.
Fainos o favor de desactivar o bloqueador de anuncios ou
engadir este sítio a túa lista branca.

Grazas!