86 aniversario da partida de 900 refuxiados cara República Dominicana
Galegos que fixeron historia | O 30 de xaneiro de 1940 parten dende Burdeos 900 refuxiados e refuxiadas a bordo do buque “De La Salle”, unha nova expedición colectiva de exiliados organizada por Alejandro Viana como Director Xeral do SERE, quen acude persoalmente ao embarque, e Pastor Candeira, Xefe da Sección de Emigración.
Nunha carta, Alejandro Viana dalle ao delegado do SERE en Perpignan, Juan de Zubiaga, as instrucións pormenorizadas correspondentes a ese embarque, instrucións que reflicten a complexidade das operacións de evacuación. Dende as oficinas centrais do SERE en París remitíanse ás delegacións do organismo espalladas por Francia as documentacións visadas dos refuxiados seleccionados para o embarque.
Os delegados do SERE debían presentalas perante o Prefecto fra...




