Galicia no mundo

Bruxelas acolleu a primeira edición do festival EmigraSon
A nova emigración, Outros países

Bruxelas acolleu a primeira edición do festival EmigraSon

Bruxelas | O festival EmigraSon nace co propósito de “colaborar coa difusión da galeguidade tamén en Bruxelas”, tal e como sinala o eurodeputado socialista Nicolás González Casares, impulsor desta iniciativa xunto á eurodeputada Ana Miranda (BNG) e a asociación belga Couto Mixto, que reúne a boa parte do colectivo emigrante galego e leva anos comprometida coa difusión da cultura da nosa terra. Nesta fin de semana, o festival EmigraSon colocará os piares deste novo espazo de intercambio cultural para a comunidade galega afincada en Bruxelas. As actividades arrancarán o venres da man dos lalinenses Benxamín Otero Otero e Celso Fernández Sanmartín. O Instituto Cervantes acollerá o seu espectáculo de oralidade e música, No tempo dun café, ás 17:00 horas. A participación dezá nest...
Ana Miranda reúnese coa diáspora galega en Arxentina e Uruguai
Diáspora, Uruguai

Ana Miranda reúnese coa diáspora galega en Arxentina e Uruguai

Uruguai | A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, visita Bos Aires e Montevideo nunhas xornadas de traballo que inclúen encontros coas colectividades galegas, co obxectivo de abordar a súa situación actual, así como a falta de relevo nos centros galegos. “Quero coñecer de primeira man os problemas que preocupan á colectividade galega, como vén facendo o Bloque desde hai anos”, apuntou Miranda. “Quero coñecer de primeira man os problemas que preocupan á colectividade galega, como vén facendo o Bloque desde hai anos” Así, a coordinadora de Relacións Internacionais do BNG reuniuse xa co presidente en funcións do Centro Galego de Bos Aires, Ramón Suárez, e visitou tanto o Colexio Santiago Apóstol como o Centro de Asociacións Galegas de Arxentina. “Cómpre que teñamos a sensibilidade suficiente pa...
O presidente da Deputación de Lugo reivindica o papel crucial da comunidade galega en Cataluña
Cataluña, Novas da emigración

O presidente da Deputación de Lugo reivindica o papel crucial da comunidade galega en Cataluña

Barcelona | O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, asistiu no Gran Teatro do Liceu de Barcelona á gala “Unha xeración, dous mundos”; unha homenaxe á emigración galega en Cataluña do último século nun espectáculo teatral dirixido por Xisco Feijóo e Artur Puga coa participación de máis de 250 actores e músicos sobre o escenario. A institución provincial colabora coa iniciativa, promovida por Xuntanza de Catalunya e con 27 entidades de galegos na comunidade catalá involucradas na organización. José Tomé felicitou aos organizadores por “pensar e por sacar adiante este gran acto de homenaxe ao galeguismo en Cataluña, porque debemos reivindicar e sentirnos moi orgullosos deses milleiros de pequenas historias persoais e familiares que, xuntas, forman a gran historia dos 150...
O proxecto “Historias de ida e volta” documenta a emigración de mariñeiros aresáns a Cuba
Cuba, Diáspora

O proxecto “Historias de ida e volta” documenta a emigración de mariñeiros aresáns a Cuba

Santiago de Compostela | A entrega de novembro do especial "Historias de ida e volta", un proxecto web realizado polo Arquivo de Emigración do Consello da Cultura Galega (CCG) co apoio da Secretaría Xeral de Emigración da Xunta de Galicia, documenta, nesta ocasión, a emigración de mariñeiros aresáns a Cuba. Desde mediados do século XXI, pescadores e mariñeiros da ría de Ares asentáronse en Cuba, onde traballaron na frota pesqueira, no transporte de mercadorías e pasaxeiros, nos estaleiros ou en empresas subsidiarias do naval. Neste tempo, conseguiron dominar o sector da pesca na baía da Habana e mesmo no Golfo de México pero tamén outras actividades relacionadas co comercio, a hostalaría ou a explotación do carbón. As cadeas migratorias foron o principal factor que posibilitou a ...
Ana Miranda critica a visita de Feijóo a Uruguai
Novas da emigración, Uruguai

Ana Miranda critica a visita de Feijóo a Uruguai

Uruguai | A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, critica que o presidente do PP, Alberto Núñez Feijóo, viaxe esta fin de semana a Uruguai, -onde manterá un encontro no Centro Gallego de Montevideo-, tras o seu total desinterese pola pervivencia da Casa de Galicia, que sufriu o desmantelamento do seu patrimonio sociosanitario e cultural nos últimos, patrimonio levantado por emigrantes galegos hai máis dun século. “Estamos diante dun caso máis do cinismo de Feijóo, que non moveu un dedo para garantir o mantemento do patrimonio da Casa de Galicia de Montevideo nin se interesou polos colectivos afectados polo seu desmantelamento”, manifesta Ana Miranda, quen no mes de marzo visitou as instalacións da Casa de Galicia e mantivo diversos encontros cos colectivos de afectados, tanto usuarios como ...
Sección de refráns, ditos e palabras galegas
Galicia

Sección de refráns, ditos e palabras galegas

Os galegos, cando estamos fóra da nosa terra, sentimos morriña de todo: da familia, dos amigos, do cheiro da terra mollada despois de chover, do pan de centeo, das xuntanzas, do son das gaitas, do mar, etc. Nesta sección queremos traervos refráns, ditos e palabras para os que queirades manter viva a lingua de forma xenuína e auténtica, a usar o que foi criado polo pobo galego desde tempos antigos. Trátase de manter a lingua tamén na diáspora, de fornecer instrumentos e ferramentas autóctonos que sirvan para dar continuidade á lingua galega alá fóra, aínda que calquera que se achegue a esta páxina tamén os poderá usar. En cada recuncho de Galicia, para cada circunstancia da vida diaria, exístevos un refrán o dito que aglutina toda unha sabedoría popular En cada recuncho de Galic...
“Feijóo sorprendeuse que, cando están pechando Casas de Galicia no mundo, abriuse unha máis na Arxentina”
Arxentina, Diáspora

“Feijóo sorprendeuse que, cando están pechando Casas de Galicia no mundo, abriuse unha máis na Arxentina”

Emigrante ponteareán radicado na provincia arxentina de Corrientes desde 2000, Alfredo Cerqueira, natural da parroquia de Arcos, foi oficial mariñeiro durante moitos anos en diversos países. Na Arxentina contribuíu a crear, xunto coa súa benefactora Dolores Rodríguez Watson, a Casa de Galicia "Voces da Nosa Terra" en Puerto Madryn (provincia de Chubut), entidade da que foi presidente entre 2016 e 2021. Cal é a túa orixe? Eu nacín en Arcos. Logo estudei no colexio das Hermanitas de la Caridad en Vigo no Berbés e logo nos Salesianos. Estiven despois nun reformatorio ao que me mandou un párroco de Arcos. Tras facer o servizo militar, casei en Areas. A túa preparación como mecánico naval onde a fixeches? En Huelva. Foi unha afección que sempre tiven. Comezou no colexio e tamén cun ...
“Cando chegaban tantos inmigrantes a Arxentina tiñan que adaptarse e iso implicaba certa dose de esquecemento das orixes”
Arxentina, Diáspora

“Cando chegaban tantos inmigrantes a Arxentina tiñan que adaptarse e iso implicaba certa dose de esquecemento das orixes”

María Rosa Lojo é unha autora e investigadora arxentina descendente de pai galego exiliado polas súas ideas republicanas. Lojo ten desenvolto unha ampla obra tanto narrativa como poética ademais de ensaística dentro de Arxentina. Grazas a este labor seu foi coñecendo autores e autoras galegas que lle permitiron a entrada no mundo literario galego. Desde hai tempo desenvolve unha ampla actividade de colaboración con institucións como a RAG da que xa é Membro de Honra e Embaixadora da Cultura Galega. O mércores 28 de setembro foi recibida como membro de honra e embaixadora da cultura galega na RAG. Como vai facer valer a súa posición como embaixadora e cales son os seus propósitos? Do mesmo xeito que ata o de agora o fixen: co traballo intelectual e creativo, as publicacións, a di...
A escritora arxentina María Rosa Lojo ingresa na RAG
Arxentina, Galicia no mundo

A escritora arxentina María Rosa Lojo ingresa na RAG

Arxentina | A Real Academia Galega recibirá como membro de honra o vindeiro mércores 28 de setembro unha nova embaixadora da cultura galega en América, a escritora e investigadora María Rosa Lojo (Buenos Aires, 1954). Filla de nai castelá e de pai de Boiro, a autora é unha das figuras máis internacionais das letras arxentinas contemporáneas. A académica de honra electa pronunciará o discurso titulado Unha galega filla en Buenos Aires nunha sesión extraordinaria que se desenvolverá a partir das 19:30 horas no salón de actos da RAG (rúa Tabernas, 11 – A Coruña). Responderalle en nome da institución o presidente Víctor F. Freixanes. O acto, aberto ao público ata completar a capacidade da sala, poderá tamén seguirse en directo dende academia.gal. A RAG nomeou a María Rosa L...
PSdeG-PSOE: “a supresión do voto rogado é un exercicio pleno do voto dos emigrantes”
Diáspora, España

PSdeG-PSOE: “a supresión do voto rogado é un exercicio pleno do voto dos emigrantes”

España | O senador galego César Mogo celebrou a aprobación definitiva, hoxe na Cámara Alta, da reforma electoral presentada conxuntamente polo PSOE e Unidas Podemos. Mogo interveu no debate final do trámite lexislativo, no que sinalou que a reforma da Loreg “restitúe a plenitude dun dereito que, non deliberadamente, fora cercenado en 2011”. A reforma de hoxe suprime o voto rogado e “facilita a participación, ampliando os prazos para remitir documentación e o escrutinio e máis centros de votación directa”. Ademais, explicou, “gaña en seguridade para evitar a fraude”, xa que os sufraxios serán enviados por valixa diplomática e con identificación persoal do elector no voto por correo. Seguridade xurídica Sinala que esta reforma “corrixe unha inxustiza” coa anterior reforma, pens...

Os nosos anunciantes son importantes para nós.
Fainos o favor de desactivar o bloqueador de anuncios ou
engadir este sítio a túa lista branca.

Grazas!