“A sociedade cubana está estreitamente relacionada coa Unión Barcalesa”
O pasado 3 de novembro, a Sociedad Cultural y Benéfica "Unión Barcalesa" cumpriu 113 anos. Foi creada na Habana en 1907, o mesmo ano que se estreou o Himno Galego na capital cubana. "Lonxe da Terriña" contactou co seu actual presidente Manuel de Jesús Rodríguez Barreiro, para que nos falara desta centenaria entidade que deixou unha pegada importante tanto en Cuba como na comarca da Baña e da Barcala.
Fundada na Habana en 1907 e con 113 anos de historia, a Sociedade Cultural e Benéfica Unión Barcalesa constitúe un dos principais expoñentes da diáspora galega en Cuba, neste caso de emigrantes principalmente dos Concellos de Negreira e A Baña e da contorna do Val da Barcala, cunha importante herdanza de desenvolvemento social e cultural. Como foron eses comezos dos emigrantes da Barcala en...