Ecocelta homenaxea ao ambientalista Francisco Peña

Galicia | No marco do Día do Ambiente celebrado este 5 de xuño, a empresa ponteareán Ecocelta Galicia S.L, líder en compostaxe e biofertilizantes, realizou unha homenaxe ao científico ecoloxista Francisco José Peña Castiñeira, Fillo Predilecto de Ponteareas e tamén colaborador do noso xornal, coa mención honorífica como Primeiro Embaixador de Resiliencia Ambiental.

O acto contou coa presenza do fundador e actual Director Xerente de Ecocelta, Sergio Quiroga, ademáis da Alcaldesa Nava Castro, do Tenente de Alcaldesa Juan Carlos Carrera, da concelleira de Medio Ambiente Silvia Fernández Táboas e do ex Alcalde José Castro, entre outras personalidades.

Nun emocionado discurso, Peña lembrou a súa vocación ambientalista con iniciativas como as primeiras xornadas de Medio Ambiente realizadas en Ponteareas en 1996, un evento pioneiro en Galicia nesta materia. Toda vez, Quiroga, emigrante da súa natal Arxentina con raíces ponteareáns, ofreceu unha traxectoria dos 22 anos de existencia de Ecocelta así como dos seus proxectos en marcha.

Deixa unha resposta

Os nosos anunciantes son importantes para nós.
Fainos o favor de desactivar o bloqueador de anuncios ou
engadir este sítio a túa lista branca.

Grazas!