Madrid | O Concello de Ponteareas presentou na Casa de Galicia en Madrid as festas do Corpus Christi 2025, entregando ante os embaixadores de Bélxica, Italia, Malta, ao secretario primeiro da embaixada de Polonia e á representante do Instituto de Cultura de Polonia un diploma como símbolo da unión creada a través da arte efémera das alfombras.
Debe destacarse que a declaración BIC do Corpus por parte do Consello da Xunta fortalece a súa candidatura como patrimonio inmaterial por parte da UNESCO.