Os “Presupostos Viana”: unha ferramenta para modernizar a administración local en Vigo

Galicia | Entre 1923 e 1926, Alejandro Viana, como Tenente de Alcalde do goberno de Gregorio Espino e concelleiro de Facenda emprendeu unha fonda labor de saneamento económico da facenda municipal de Vigo, en bancarrota, e de organización e modernización dunha administración local anacrónica, guiado polo obxectivo último de engrandecer a cidade de Vigo.

A política fiscal emprendida polo tenente alcalde suporá unha revolución na cidade. Esixente e inflexíbel na política recadatoria, combativo coa fraude fiscal e innovador na aplicación de figuras tributarias, Viana será obxecto dos ataques dos diferentes sectores económicos e mediáticos vigueses prexudicados por unha fiscalidade que gravaba a riqueza, o patrimonio e as rendas máis elevadas.

“A política fiscal emprendida polo tenente alcalde suporá unha revolución na cidade”

Viana intervén nun pleno xustificando as súas medidas: “No creo que sea pedir mucho a las clases pudientes que de las cantidades que destinan a sus recreos deduzcan una pequeña parte para acrecentar las cuotas que rinden al Erario municipal. El engrandecimiento de las ciudades, del sacrificio de sus moradores sale. Y va llegando ya la hora de medir economicamente el cariño que los vigueses sienten por su pueblo”.

A súa política impositiva cristalizará nuns orzamentos, os coñecidos social e mediaticamente como “Presupuestos Viana”, obxecto de forte contestación por algúns segmentos da sociedade viguesa durante o verán daquel ano.

Para defender os orzamentos, Viana intervirá o 7 de agosto de 1924, xunto a Amado Garra e Gregorio Espino, nun acto no Teatro Tamberlick, perante un público que ateigaba o local.

Alejandro Viana iniciou as intervencións atribuindo as críticas recibidas a “personas de la antigua política” e rexeitando os argumentos nos que os opositores ao orzamento sostiñan a súa posición. Viana salientou, nun discurso “documentado”, segundo El Pueblo Gallego, a capacidade recadadora do concello que en sete meses viña de ingresar medio millón de pesetas máis que no mesmo periodo do ano anterior, “sin forzar los tributos, solo con un poco más de celo”.

Anos despois, en 1931, un amplo informe sobre a facenda municipal viguesa da década anterior valorará positivamente a política económica seguida por Viana á que se lle atribúe a consecución da solvencia financeira do Concello.

́ 8.8.1924. ́ ́ ́ 8.8.1924.

26.12.1926

, . ̃ ́ : 1923-1930”.

́ . 1931. : https://www.facebook.com/share/p/176A8eUKqJ/

́

Deixa unha resposta

Os nosos anunciantes son importantes para nós.
Fainos o favor de desactivar o bloqueador de anuncios ou
engadir este sítio a túa lista branca.

Grazas!