Etiqueta: Alejandro Viana

86 aniversario da partida de 900 refuxiados cara República Dominicana
Galegos que fixeron historia, Outros países

86 aniversario da partida de 900 refuxiados cara República Dominicana

Galegos que fixeron historia | O 30 de xaneiro de 1940 parten dende Burdeos 900 refuxiados e refuxiadas a bordo do buque “De La Salle”, unha nova expedición colectiva de exiliados organizada por Alejandro Viana como Director Xeral do SERE, quen acude persoalmente ao embarque, e Pastor Candeira, Xefe da Sección de Emigración. Nunha carta, Alejandro Viana dalle ao delegado do SERE en Perpignan, Juan de Zubiaga, as instrucións pormenorizadas correspondentes a ese embarque, instrucións que reflicten a complexidade das operacións de evacuación. Dende as oficinas centrais do SERE en París remitíanse ás delegacións do organismo espalladas por Francia as documentacións visadas dos refuxiados seleccionados para o embarque. Os delegados do SERE debían presentalas perante o Prefecto fra...
Os “Presupostos Viana”: unha ferramenta para modernizar a administración local en Vigo
Galegos que fixeron historia, Galicia

Os “Presupostos Viana”: unha ferramenta para modernizar a administración local en Vigo

Galicia | Entre 1923 e 1926, Alejandro Viana, como Tenente de Alcalde do goberno de Gregorio Espino e concelleiro de Facenda emprendeu unha fonda labor de saneamento económico da facenda municipal de Vigo, en bancarrota, e de organización e modernización dunha administración local anacrónica, guiado polo obxectivo último de engrandecer a cidade de Vigo. A política fiscal emprendida polo tenente alcalde suporá unha revolución na cidade. Esixente e inflexíbel na política recadatoria, combativo coa fraude fiscal e innovador na aplicación de figuras tributarias, Viana será obxecto dos ataques dos diferentes sectores económicos e mediáticos vigueses prexudicados por unha fiscalidade que gravaba a riqueza, o patrimonio e as rendas máis elevadas. "A política fiscal emprendida polo tenente...

Os nosos anunciantes son importantes para nós.
Fainos o favor de desactivar o bloqueador de anuncios ou
engadir este sítio a túa lista branca.

Grazas!