Etiqueta: axudas

A Xunta de Galicia outorga axudas extraordinarias de 2,5M€ para emigrantes retornados
Galicia, Novas da emigración

A Xunta de Galicia outorga axudas extraordinarias de 2,5M€ para emigrantes retornados

Galicia | O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a convocatoria de 2026 das axudas extraordinarias a persoas emigrantes retornadas, dotada cun crédito inicial de 2,5 M€ —que se poderá reforzar segundo a demanda— e coa que se estima apoiar unhas 1.000 familias. As persoas interesadas poderán solicitalas a partir de mañá e o prazo de presentación prolongarase ata o 30 de setembro de 2026. Estas achegas extraordinarias ao retorno encádranse no paquete de medidas da Estratexia Galicia Retorna e son un recurso fundamental, xa que permiten cubrir necesidades iniciais como o establecemento de persoas e familias emigrantes retornadas que deciden fixar a súa residencia en Galicia, axudando á súa integración na comunidade. Neste sentido, poden beneficiarse delas as persoas retornadas ...
A Xunta destina 12.000€ á Sociedade Beneficente Rosalía de Castro de São Paulo (Brasil)
Novas da emigración

A Xunta destina 12.000€ á Sociedade Beneficente Rosalía de Castro de São Paulo (Brasil)

A Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia, encabezada por Antonio Rodríguez Miranda, destinou, a través dun convenio de colaboración, un total de 12.000 euros para a Sociedade Beneficente Rosalía de Castro de São Paulo (Brasil). A colaboración ten como finalidade de acadar axuda para a atención das necesidades básicas da/os emigrantes galegos residentes nesa cidade brasileira e que están acollidos no seu centro de día. Esta é unha entidade sen ánimo de lucro que posúe desde 1983, un centro de asistencia social que ten como finalidade promover o apoio socio asistencial e de acollida para persoas maiores e dependentes a través da súa atención integral con carácter de servizos preventivos, de saúde e asistenciais. A Secretaría Xeral da Emigración considera a necesidade...

Os nosos anunciantes son importantes para nós.
Fainos o favor de desactivar o bloqueador de anuncios ou
engadir este sítio a túa lista branca.

Grazas!