Etiqueta: BNG

Ana Pontón (BNG) reúnese en Bos Aires coa ex presidenta Cristina Fernández de Kirchner
Arxentina, Novas da emigración

Ana Pontón (BNG) reúnese en Bos Aires coa ex presidenta Cristina Fernández de Kirchner

Arxentina | A portavoz nacional, Ana Pontón, sigue coa súa axenda de reunións coa colectividade galega en Arxentina e, tras a xuntanza coa directiva do Colexio Santiago Apóstolo, institución cultural de referencia, mantivo nun encontro no Centro Galiza de Bos Aires, onde tivo oportunidade de trasladar as alternativas do BNG a favor da emigración. Neste sentido, avanzou que a formación nacionalista vai aproveitar a tramitación dos orzamentos de 2026 para reclamar no Parlamento, vía emenda, un incremento do 50% no financiamento para facilitar o retorno dos galegos e galegas que así o desexen. “Galiza é un País de acollida e cun gran potencial que precisa man de obra en moitos dos nosos sectores produtivos: no sector mar-industria, no sector agrogandeiro como factor importante para rev...
Ana Miranda critica a visita de Feijóo a Uruguai
Novas da emigración, Uruguai

Ana Miranda critica a visita de Feijóo a Uruguai

Uruguai | A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, critica que o presidente do PP, Alberto Núñez Feijóo, viaxe esta fin de semana a Uruguai, -onde manterá un encontro no Centro Gallego de Montevideo-, tras o seu total desinterese pola pervivencia da Casa de Galicia, que sufriu o desmantelamento do seu patrimonio sociosanitario e cultural nos últimos, patrimonio levantado por emigrantes galegos hai máis dun século. “Estamos diante dun caso máis do cinismo de Feijóo, que non moveu un dedo para garantir o mantemento do patrimonio da Casa de Galicia de Montevideo nin se interesou polos colectivos afectados polo seu desmantelamento”, manifesta Ana Miranda, quen no mes de marzo visitou as instalacións da Casa de Galicia e mantivo diversos encontros cos colectivos de afectados, tanto usuarios como ...

Os nosos anunciantes son importantes para nós.
Fainos o favor de desactivar o bloqueador de anuncios ou
engadir este sítio a túa lista branca.

Grazas!