Grecia e a emigración galega en Suíza estarán no ciclo Poetas Di(n)versos
Galicia | O ciclo Poetas Di(n)versos, organizado polo Concello da Coruña e dirixido pola Premio Nacional de Poesía Yolanda Castaño, volve este luns 16 de febreiro ao auditorio do Centro Sociocultural Ágora (20.00 horas), cun novo recital de poesía, que continuarán ata o mes de xuño. “O Concello promove este ciclo de excelencia, que achega á cidadanía o mellor da poesía nacional e internacional e que enche os espazos municipais co mellor da cultura”, sinalou o concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro.
Nesta ocasión, as letras que se recitarán no auditorio chegarán de Grecia e da migración galega en Suíza, con Dimitra Christodoulou e Carmen Villar Alonso. A cita do vindeiro luns dalle continuidade a un ciclo que trouxo á Coruña o pasado mes de xaneiro ao premio Nobel africano ...

