Etiqueta: emigración

Unha saga de Narón na emigración
Galegos que fixeron historia, Galicia

Unha saga de Narón na emigración

Galicia | Dende a gran enxurrada migratoria de finais do XIX ata o inicio da Segunda Guerra Mundial bandea esta odisea de cinco irmáns, catro homes e unha muller, nados en Narón entre 1870 e 1878. Unha historia entrefebrada de esforzo, sufrimento e éxito comercial, recoñecido no mundo empresarial porteño. Quen os guiou foi o maior, Avelino, nado en 1870. Empresario innovador, con sentido da xustiza social, adiantado no mundo publicitario e de escintilante éxito comercial. Faleceu en 1916. Os irmáns seguiron a súa senda ata 1936. Do que foi o seu poderío económico seguen a dar fe dúas casas: unha, “El Paraíso” na Córdoba arxentina, a outra, “Libunca”, no Narón de Ferrolterra. A aventura dos irmáns Cabezas, reconstrúea os seu descendente, o músico e psiquiatra Antón Seoane. Unh...
“Feijóo sorprendeuse que, cando están pechando Casas de Galicia no mundo, abriuse unha máis na Arxentina”
Arxentina, Diáspora

“Feijóo sorprendeuse que, cando están pechando Casas de Galicia no mundo, abriuse unha máis na Arxentina”

Emigrante ponteareán radicado na provincia arxentina de Corrientes desde 2000, Alfredo Cerqueira, natural da parroquia de Arcos, foi oficial mariñeiro durante moitos anos en diversos países. Na Arxentina contribuíu a crear, xunto coa súa benefactora Dolores Rodríguez Watson, a Casa de Galicia "Voces da Nosa Terra" en Puerto Madryn (provincia de Chubut), entidade da que foi presidente entre 2016 e 2021. Cal é a túa orixe? Eu nacín en Arcos. Logo estudei no colexio das Hermanitas de la Caridad en Vigo no Berbés e logo nos Salesianos. Estiven despois nun reformatorio ao que me mandou un párroco de Arcos. Tras facer o servizo militar, casei en Areas. A túa preparación como mecánico naval onde a fixeches? En Huelva. Foi unha afección que sempre tiven. Comezou no colexio e tamén cun ...
PSdeG-PSOE: “a supresión do voto rogado é un exercicio pleno do voto dos emigrantes”
Diáspora, España

PSdeG-PSOE: “a supresión do voto rogado é un exercicio pleno do voto dos emigrantes”

España | O senador galego César Mogo celebrou a aprobación definitiva, hoxe na Cámara Alta, da reforma electoral presentada conxuntamente polo PSOE e Unidas Podemos. Mogo interveu no debate final do trámite lexislativo, no que sinalou que a reforma da Loreg “restitúe a plenitude dun dereito que, non deliberadamente, fora cercenado en 2011”. A reforma de hoxe suprime o voto rogado e “facilita a participación, ampliando os prazos para remitir documentación e o escrutinio e máis centros de votación directa”. Ademais, explicou, “gaña en seguridade para evitar a fraude”, xa que os sufraxios serán enviados por valixa diplomática e con identificación persoal do elector no voto por correo. Seguridade xurídica Sinala que esta reforma “corrixe unha inxustiza” coa anterior reforma, pens...

Os nosos anunciantes son importantes para nós.
Fainos o favor de desactivar o bloqueador de anuncios ou
engadir este sítio a túa lista branca.

Grazas!