Etiqueta: Galicia

Os “Presupostos Viana”: unha ferramenta para modernizar a administración local en Vigo
Galegos que fixeron historia, Galicia

Os “Presupostos Viana”: unha ferramenta para modernizar a administración local en Vigo

Galicia | Entre 1923 e 1926, Alejandro Viana, como Tenente de Alcalde do goberno de Gregorio Espino e concelleiro de Facenda emprendeu unha fonda labor de saneamento económico da facenda municipal de Vigo, en bancarrota, e de organización e modernización dunha administración local anacrónica, guiado polo obxectivo último de engrandecer a cidade de Vigo. A política fiscal emprendida polo tenente alcalde suporá unha revolución na cidade. Esixente e inflexíbel na política recadatoria, combativo coa fraude fiscal e innovador na aplicación de figuras tributarias, Viana será obxecto dos ataques dos diferentes sectores económicos e mediáticos vigueses prexudicados por unha fiscalidade que gravaba a riqueza, o patrimonio e as rendas máis elevadas. "A política fiscal emprendida polo tenente...
II edición do Maratón de Galeguidades
Diáspora, Galicia

II edición do Maratón de Galeguidades

Galicia | O Maratón de Galeguidades é un programa de televisión por internet da Deputación da Coruña, que se desenvolverá entre as 8:30 e as 19:30 do 24 de xullo de 2025. Durante as once horas de emisión participarán máis de cen persoas, por medio de episodios temáticos como música, economía, deportes ou ciencia, rematando coas entidades de Arxentina e Uruguai que impulsaron a celebración do Ano Castelao neste 2025. O Maratón sucederase por medio de faladoiros e entrevistas encadeadas en directo, como unha celebración na véspera do Día Nacional de Galicia para conectar a Galicia territorial coa Galicia exterior. Enténdese tamén como un exercicio de intelixencia colectiva, para poñer en valor a voz da diáspora no 2025 e atopar fórmulas que conecten mellor a Galicia territorial e a Ga...
Un “Cancioneiro Popular Galego” que lle debe moito á emigración
Galicia, Galicia no mundo

Un “Cancioneiro Popular Galego” que lle debe moito á emigración

Santiago de Compostela | Entre 1982 e 1995 saíron do prelo os sete volumes do Cancioneiro popular galego recollido e ordenado por Dorothé Schubarth e Antón Santamarina. O traballo comezara en 1978, cando a etnomusicóloga suíza chegou a Galicia á procura de melodías arcaicas. O que ía ser unha parada máis no seu percorrido pola Península Ibérica converteuse nunha longa estadía que dotou a Galicia do que se considera hoxe a biblia dos cancioneiros. “A súa chegada foi moi oportuna, nun momento de cambio en que aínda vivían moitos informantes e non tiñamos musicólogos cunha formación equivalente á súa”, salienta Santamarina, que impartiu este mediodía unha charla sobre a historia dos cancioneiros galegos para o alumnado dos XXXV Cursos de lingua e cultura galegas “Galego sen fronteiras”. ...
Forcarei acolleu un novo reencontro entre Galicia e Venezuela
Emigración de alá e de acó, Galicia, Venezuela

Forcarei acolleu un novo reencontro entre Galicia e Venezuela

Galicia | Como ven sendo tradición cada verán, a IV Xuntanza de Amigos de Venezuela en Galicia reuniu este 5 de xullo a máis de 200 persoas nun emotivo reencontro na localidade pontevedresa de Forcarei. O evento, que coincidiu cunha data histórica en Venezuela, foi convocado por coñecidos personaxes da emigración galega no país sudamericano e caribeño tanto no ámbito empresarial e profesional como tamén polas súas responsabilidades como directivos da Hermandad Gallega de Venezuela en diversas etapas. Destacaron entre os seus organizadores Benito Varela, Pancho Moure, José Monteagudo, Camilo Rico, Manuel Alejandro, Antonio Cagiao e Perfecto Domínguez. O restaurante París de Forcarei foi o lugar desta xuntanza que contou con actuacións musicais e un suculento menú gastronómico ...
Uruguai será protagonista en xornada informativa en Ribadeo
Galicia, Novas da emigración

Uruguai será protagonista en xornada informativa en Ribadeo

Galicia | A Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) organiza para o vindeiro venres 27 de xuño a xornada - país “O Mercado da República Oriental de Uruguai”, no marco das actividades que a entidade está poñendo en marcha co apoio da Deputación de Lugo nos exercicios 2024 e 2025. A xornada, que terá lugar en horario de 17:00 a 18:30 horas no Real Club Náutico de Ribadeo, contará coas achegas de Ramiro Rodríguez, Cónsul Xeral de Uruguai en Galicia, Asturias, Cantabria e País Vasco, e a experiencia de Antea Group neste mercado e outros de América do Sur nos que ten presenza (a través de Fernando Illanes, o seu director xeral para España e Latinoamérica). Este encontro organízase como de introdución a unha misión empresarial a Uruguai e Arxentina que a CEL está a organizar, ta...
Tui exhibe a exposición “A fermosura do pequeno” de José Martínez Clotet
Emigración de alá e de acó, Galicia

Tui exhibe a exposición “A fermosura do pequeno” de José Martínez Clotet

Galicia | Coincidindo coas festas de San Telmo a Sala Municipal de Exposicións, no edificio Francisco Sánchez, acolle unha excepcional exposición de maquetas de Tui realizadas por José Martínez Clotet. Co título de “A fermosura do pequeno” esta mostra presenta un total de 75 pezas, onde salientan as espectaculares maquetas de Tui e Valença, ás que se unen as 42 fachadas de todos os edificios do Paseo da Corredoira tudense e as 29 maquetas de monumentos, igrexas e outros edificios singulares do municipio. José Martínez Clotet, natural de Murcia pero radicado en Tui dende hai moitas décadas, é un afeccionado ao maquetismo, que comezou a elaboración destas maquetas no ano 1981 reproducindo a tamaño reducido os principais monumentos e lugares do noso municipio. A última das súas achegas...
Unha saga de Narón na emigración
Galegos que fixeron historia, Galicia

Unha saga de Narón na emigración

Galicia | Dende a gran enxurrada migratoria de finais do XIX ata o inicio da Segunda Guerra Mundial bandea esta odisea de cinco irmáns, catro homes e unha muller, nados en Narón entre 1870 e 1878. Unha historia entrefebrada de esforzo, sufrimento e éxito comercial, recoñecido no mundo empresarial porteño. Quen os guiou foi o maior, Avelino, nado en 1870. Empresario innovador, con sentido da xustiza social, adiantado no mundo publicitario e de escintilante éxito comercial. Faleceu en 1916. Os irmáns seguiron a súa senda ata 1936. Do que foi o seu poderío económico seguen a dar fe dúas casas: unha, “El Paraíso” na Córdoba arxentina, a outra, “Libunca”, no Narón de Ferrolterra. A aventura dos irmáns Cabezas, reconstrúea os seu descendente, o músico e psiquiatra Antón Seoane. Unh...
Semana Santa en Cangas
Galicia, Galicia no mundo

Semana Santa en Cangas

A Semana Santa ten un día especial cos nenos: o Domingo de Ramos. Este é o día esperado para os máis pequenos. A bendición dos ramos e as palmas, coa procesión da Borriquilla e o Vía Crucis infantil son os acontecementos polos que moitos se aproximan ás celebracións da Semana Santa de Cangas. É, ademais, a ocasión que aproveitan as madriñas e padriños para agasallar aos seus afillados con palmas, caramelos e lambetadas que, á primeira hora da mañá, resplandecen polas rúas da localidade. Domingo de Ramos, ou “Segundo Domingo de Paixón”, que debería ser un grande e santo día, como se conmemora o último triunfo do noso Señor Xesucristo sobre esta terra e abre a Semana Santa. A Igrexa convida os fieis a unirse á triunfal procesión de hoxe, que é un acto de homenaxe e gratitude a ...
Xunta de Galicia rubrica convenio laboral con Colombia, Honduras, Ecuador e Paraguai
Galicia, Novas da emigración

Xunta de Galicia rubrica convenio laboral con Colombia, Honduras, Ecuador e Paraguai

Madrid | O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, acompañado do conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González; da directora xeral de Formación e Cualificación para o Emprego, Zeltia Lado; e do director da Casa de Galicia en Madrid, Luis Ramos, presidiu hoxe o acto de firma dun documento cos embaixadores de Colombia, Honduras, Ecuador e Paraguai, que recolle a vontade de colaboración en materia de emprego, formación e atracción de talento exterior. A través deste documento, Galicia plasma a súa vontade de traballar con países hispanoamericanos en facilitar pontes de oportunidades para o talento e axudar a dar resposta a retos como a falta de man de obra en sectores estratéxicos, á vez que se crean valiosas sinerxias entre territorios. O obxectivo, segundo destacou Rueda, ...
Refráns, ditos e palabras galegas
Galicia, Galicia no mundo

Refráns, ditos e palabras galegas

Galicia | Os galegos cando estamos fóra da nosa terra sentimos morriña de todo: da familia, dos amigos, do cheiro da terra mollada despois de chover, do pan de centeo, das xuntanzas, do son das gaitas, do mar, etc. Nesta sección queremos traervos refráns, ditos e palabras para os que queirades manter viva a lingua de forma xenuina e auténtica, a usar o que foi criado polo pobo galego desde tempos antigos. Trátase de manter a lingua tamén na diáspora, de fornecer instrumentos e ferramentas autóctonos que sirvan para dar continuidade á lingua galega alá fóra, aínda que calquera que se achegue a esta páxina tamén os poderá usar. En cada recuncho de Galicia, para cada cirscuntancia da vida diaria, exístevos un refrán o dito que aglutina toda unha sabedoría popular, que define a no...

Os nosos anunciantes son importantes para nós.
Fainos o favor de desactivar o bloqueador de anuncios ou
engadir este sítio a túa lista branca.

Grazas!