Uruguai será protagonista en xornada informativa en Ribadeo
Galicia | A Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) organiza para o vindeiro venres 27 de xuño a xornada - país “O Mercado da República Oriental de Uruguai”, no marco das actividades que a entidade está poñendo en marcha co apoio da Deputación de Lugo nos exercicios 2024 e 2025.
A xornada, que terá lugar en horario de 17:00 a 18:30 horas no Real Club Náutico de Ribadeo, contará coas achegas de Ramiro Rodríguez, Cónsul Xeral de Uruguai en Galicia, Asturias, Cantabria e País Vasco, e a experiencia de Antea Group neste mercado e outros de América do Sur nos que ten presenza (a través de Fernando Illanes, o seu director xeral para España e Latinoamérica).
Este encontro organízase como de introdución a unha misión empresarial a Uruguai e Arxentina que a CEL está a organizar, ta...