Etiqueta: RAG

Un “Cancioneiro Popular Galego” que lle debe moito á emigración
Galicia, Galicia no mundo

Un “Cancioneiro Popular Galego” que lle debe moito á emigración

Santiago de Compostela | Entre 1982 e 1995 saíron do prelo os sete volumes do Cancioneiro popular galego recollido e ordenado por Dorothé Schubarth e Antón Santamarina. O traballo comezara en 1978, cando a etnomusicóloga suíza chegou a Galicia á procura de melodías arcaicas. O que ía ser unha parada máis no seu percorrido pola Península Ibérica converteuse nunha longa estadía que dotou a Galicia do que se considera hoxe a biblia dos cancioneiros. “A súa chegada foi moi oportuna, nun momento de cambio en que aínda vivían moitos informantes e non tiñamos musicólogos cunha formación equivalente á súa”, salienta Santamarina, que impartiu este mediodía unha charla sobre a historia dos cancioneiros galegos para o alumnado dos XXXV Cursos de lingua e cultura galegas “Galego sen fronteiras”. ...

Os nosos anunciantes son importantes para nós.
Fainos o favor de desactivar o bloqueador de anuncios ou
engadir este sítio a túa lista branca.

Grazas!