Etiqueta: República Dominicana

86 aniversario da partida de 900 refuxiados cara República Dominicana
Galegos que fixeron historia, Outros países

86 aniversario da partida de 900 refuxiados cara República Dominicana

Galegos que fixeron historia | O 30 de xaneiro de 1940 parten dende Burdeos 900 refuxiados e refuxiadas a bordo do buque “De La Salle”, unha nova expedición colectiva de exiliados organizada por Alejandro Viana como Director Xeral do SERE, quen acude persoalmente ao embarque, e Pastor Candeira, Xefe da Sección de Emigración. Nunha carta, Alejandro Viana dalle ao delegado do SERE en Perpignan, Juan de Zubiaga, as instrucións pormenorizadas correspondentes a ese embarque, instrucións que reflicten a complexidade das operacións de evacuación. Dende as oficinas centrais do SERE en París remitíanse ás delegacións do organismo espalladas por Francia as documentacións visadas dos refuxiados seleccionados para o embarque. Os delegados do SERE debían presentalas perante o Prefecto fra...
Xunta de Galicia impulsa a reactivación do Centro Gallego O Noso Lar da República Dominicana
Novas da emigración, Outros países

Xunta de Galicia impulsa a reactivación do Centro Gallego O Noso Lar da República Dominicana

Santiago de Compostela | O secretario xeral de Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recibiu aos representantes do Centro Gallego O Noso Lar da República Dominicana, Eduardo Pahíno e Leandro Tales, que lle trasladaron o obxectivo desta entidade de reactivar os seus proxectos futuros, poñendo en marcha novas iniciativas e actividades. Durante a reunión, Miranda trasladoulles o seu compromiso de visitar este centro despois do verán e apoialo na súa potenciación como entidade para conseguir unha atención máis intensa ás galegas e galegos asentados nesta illa do Caribe e promocionar a cultura de Galicia. Na República Dominicana residen actualmente 2.766 cidadás e cidadáns galegos.

Os nosos anunciantes son importantes para nós.
Fainos o favor de desactivar o bloqueador de anuncios ou
engadir este sítio a túa lista branca.

Grazas!