A Xunta de Galicia monitorea a situación política e social de Venezuela
Venezuela | O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, acompañado polo secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, iniciou a axenda da súa primeira viaxe institucional a Venezuela cun encontro de traballo co embaixador de España neste país, Álvaro Albacete. O obxectivo desta reunión é analizar a situación da colectividade galega nun contexto marcado pola especial complexidade política e social.
Segundo a última Estatística do Padrón de Españoles Residentes no Estranxeiro (PERE), publicada polo INE, a comunidade galega en Venezuela supera as 30.000 persoas. Neste escenario, o conselleiro salienta que a visita permitirá reforzar o apoio institucional da Xunta, ao tempo que se continúan impulsando as diferentes liñas de axuda e acompañamento social, ...

