A Xunta de Galicia outorga axudas extraordinarias de 2,5M€ para emigrantes retornados
Galicia | O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a convocatoria de 2026 das axudas extraordinarias a persoas emigrantes retornadas, dotada cun crédito inicial de 2,5 M€ —que se poderá reforzar segundo a demanda— e coa que se estima apoiar unhas 1.000 familias. As persoas interesadas poderán solicitalas a partir de mañá e o prazo de presentación prolongarase ata o 30 de setembro de 2026.
Estas achegas extraordinarias ao retorno encádranse no paquete de medidas da Estratexia Galicia Retorna e son un recurso fundamental, xa que permiten cubrir necesidades iniciais como o establecemento de persoas e familias emigrantes retornadas que deciden fixar a súa residencia en Galicia, axudando á súa integración na comunidade. Neste sentido, poden beneficiarse delas as persoas retornadas ...






