Unha saga de Narón na emigración

Galicia | Dende a gran enxurrada migratoria de finais do XIX ata o inicio da Segunda Guerra Mundial bandea esta odisea de cinco irmáns, catro homes e unha muller, nados en Narón entre 1870 e 1878.

Unha historia entrefebrada de esforzo, sufrimento e éxito comercial, recoñecido no mundo empresarial porteño. Quen os guiou foi o maior, Avelino, nado en 1870. Empresario innovador, con sentido da xustiza social, adiantado no mundo publicitario e de escintilante éxito comercial. Faleceu en 1916. Os irmáns seguiron a súa senda ata 1936. Do que foi o seu poderío económico seguen a dar fe dúas casas: unha, “El Paraíso” na Córdoba arxentina, a outra, “Libunca”, no Narón de Ferrolterra.

A aventura dos irmáns Cabezas, reconstrúea os seu descendente, o músico e psiquiatra Antón Seoane. Unha historia de esforzo empresarial, pero tamén de amores e desamores, mortes precipitadas, luxo e declive. Editada por Galaxia (2023)

Deixa unha resposta

Os nosos anunciantes son importantes para nós.
Fainos o favor de desactivar o bloqueador de anuncios ou
engadir este sítio a túa lista branca.

Grazas!