Forcarei acolleu un novo reencontro entre Galicia e Venezuela

Galicia | Como ven sendo tradición cada verán, a IV Xuntanza de Amigos de Venezuela en Galicia reuniu este 5 de xullo a máis de 200 persoas nun emotivo reencontro na localidade pontevedresa de Forcarei.

O evento, que coincidiu cunha data histórica en Venezuela, foi convocado por coñecidos personaxes da emigración galega no país sudamericano e caribeño tanto no ámbito empresarial e profesional como tamén polas súas responsabilidades como directivos da Hermandad Gallega de Venezuela en diversas etapas. Destacaron entre os seus organizadores Benito Varela, Pancho Moure, José Monteagudo, Camilo Rico, Manuel Alejandro, Antonio Cagiao e Perfecto Domínguez.

O restaurante París de Forcarei foi o lugar desta xuntanza que contou con actuacións musicais e un suculento menú gastronómico que deleitou a uns participantes que, pola súa labor como colectivo, contribúen a manter viva a galeguidade no exterior así como o acervo venezolano en Galicia. Con anterioridade estas xuntanzas tamén se realizaron nas localidades ourensás de Boborás, Celanova e O Carballiño.

Deixa unha resposta

Os nosos anunciantes son importantes para nós.
Fainos o favor de desactivar o bloqueador de anuncios ou
engadir este sítio a túa lista branca.

Grazas!