II edición do Maratón de Galeguidades

Galicia | O Maratón de Galeguidades é un programa de televisión por internet da Deputación da Coruña, que se desenvolverá entre as 8:30 e as 19:30 do 24 de xullo de 2025. Durante as once horas de emisión participarán máis de cen persoas, por medio de episodios temáticos como música, economía, deportes ou ciencia, rematando coas entidades de Arxentina e Uruguai que impulsaron a celebración do Ano Castelao neste 2025.

O Maratón sucederase por medio de faladoiros e entrevistas encadeadas en directo, como unha celebración na véspera do Día Nacional de Galicia para conectar a Galicia territorial coa Galicia exterior. Enténdese tamén como un exercicio de intelixencia colectiva, para poñer en valor a voz da diáspora no 2025 e atopar fórmulas que conecten mellor a Galicia territorial e a Galicia exterior.

Entre as persoas convidadas a participar destacan nomes como Óliver Laxe, Mondra, Esther Estévez, Fernanda Tabarés, Sonia Villapol, Marián Mouriño, Champi Muros ou Suso de Toro, así como entidades como a Irmandade Galega de Suiza, a Rede de Galegas no Reino Unido, a Asociación Internacional de Estudos Galegos ou os Centros Galegos de Buenos Aires, Montevideo ou Barcelona.

Cóntase así coa participación de asociacións musicais da emigración, organizacións da nova diáspora, peñas deportivas, asociacións de empresarias e empresarios galegas no exterior, investigadoras e investigadores en universidades internacionais, así como profesionais variados na ciencia, a publicidade ou a universidade. O evento retransmitirase en liña a partir das 8:30 do día 24 de xullo, a través da web oficial do Maratón de Galeguidades e na canle de Youtube do IGADI.

Deixa unha resposta

Os nosos anunciantes son importantes para nós.
Fainos o favor de desactivar o bloqueador de anuncios ou
engadir este sítio a túa lista branca.

Grazas!