
Arxentina | A portavoz nacional, Ana Pontón, sigue coa súa axenda de reunións coa colectividade galega en Arxentina e, tras a xuntanza coa directiva do Colexio Santiago Apóstolo, institución cultural de referencia, mantivo nun encontro no Centro Galiza de Bos Aires, onde tivo oportunidade de trasladar as alternativas do BNG a favor da emigración. Neste sentido, avanzou que a formación nacionalista vai aproveitar a tramitación dos orzamentos de 2026 para reclamar no Parlamento, vía emenda, un incremento do 50% no financiamento para facilitar o retorno dos galegos e galegas que así o desexen.
“Galiza é un País de acollida e cun gran potencial que precisa man de obra en moitos dos nosos sectores produtivos: no sector mar-industria, no sector agrogandeiro como factor importante para revitalizar o medio rural, no sector da construción e dos servizos. E desde o BNG propoñemos unha Galiza aberta e inclusiva, onde todos os galegos da emigración son benvidos”, subliñou.
Neste sentido, a proposta do Bloque é aumentar as partidas orzamentarias destinas a facilitar o retorno de emigrantes galegos, até acadar os 21 M€. “Se realmente apostamos por atraer talento e man de obra formada, hai que ser ambicioso no financiamento”, explicou. Trátase dunha proposta viable, tendo en conta o orzamento supera os 14.200 millóns de euros para o vindeiro exercicio, mentres que os programas para facilitar o retorno e a integración dos galegos emigrados non acadan nin o 0,1%, apenas 14 M€.
“É unha medida a favor do dereito da emigración a retornar e, ao mesmo tempo, é unha medida que favorece a Galiza, ós sectores económicos estratéxicos e que tamén fortalecería unha poboación lastrada polo envellecemento”, alegou.
Na súa visita ao Centro Galego de Bos Aires, acompañada pola eurodeputada Ana Miranda, Pontón tamén puxo sobre a mesa a necesidade de que a Xunta teña unha maior implicación na conservación do rico patrimonio cultural da diáspora, con pezas tan emblemáticas como a obra de Castelao.
A última lección do mestre. Neste sentido, a líder do BNG é partidaria de establecer un plan plurianual, que garanta un financiamento estable e regular, para colaborar coa diáspora na preservación e posta en valor do legado cultural acumulado durante décadas.
Dentro dos contactos con forzas de esquerda da rexión, e tras a reunión co ministro da Gobernación da provincia de Bos Aires, Pontón mantivo un encontro coa ex-presidenta Cristina kichner, a quen trasladou todo o apoio do BNG ante o que considera un claro caso de lawfare, similar ao sufrido por outros líderes e mandatarios da rexión, como o actual presidente do Brasil, Lula da Silva, unha utilización da xustiza que tivo como fin impedir que volvese competir nunhas eleccións presidencias.
Na xuntanza, analizaron a situación da política da rexión e a xeopolítica internacional, e coincidiron en compartir a súa preocupación polo avance da extrema dereita, simbolizada no caso de Arxentina, no goberno de Javier Millei, un avance das forzas ultra que Pontón considera un ameaza para a democracia e para o mantemento dos dereitos e liberdades colectivas e individuais.
Neste contexto, a portavoz nacional trasladou o seu orgullo polo feito de que en Galiza a extrema dereita teña nula representación institucional, o que atribuíu a que a cidadanía ten no BNG unha alternativa ao PP a favor da maioría social, fronte a un Partido Popular cuxo discurso e propostas se asemellan máis as da extrema dereita.
Homenaxe a Castelao
A portavoz nacional, Ana Pontón, pecha a súa viaxe coa participación no Museo da Emigración de Bos Aires na homenaxe a Castelao organizado pola Federación de Asociacións Galegas en Arxentina, coa inauguración dun busto de quen a líder do BNG definiu como “o primeiro presidente de Galiza no exilio”, acto que coincidiu co 81 aniversario da constitución do Consello de Galiza o 15 de novembro de 1944 en Montevideo, o goberno galego no exilio.
Pontón aproveitou o acto para facer un recoñecemento a todas as persoas que integran a diáspora pola súa aportación á construción do País ao longo de décadas, desde a xeración de Castelao que mantivo viva “a reivindicación democrática do dereito dos pobos a poder decidir o seu futuro, a defensa da liberdade, da democracia e de todos os valores que nos fan avanzar como sociedade”, até as novas xeracións na diáspora que manteñen o seu vínculo coa súa terra de orixe.

Neste sentido, a portavoz nacional ofreceu man tendida á diáspora desde o convencemento, recalcou, “de que ten que ser parte activa da alternativa política que o BNG ten para Galiza, porque é de xustiza contar con vós, que formades parte do proxecto de goberno que recolle os ideais que Castelao pensou para o noso País”.
Hoxe máis que nunca, alegou Pontón, “temos que seguir o exemplo de Castelo e seguir removendo conciencias, porque non podemos calar mentres se intenta criminalizar ás persoas porque teñan que emigrar do seu País, e non sabemos ben, vós sabedes ben o dura que é a emigración”, subliñou. Por iso, é intolerable como a extrema dereita e unha dereita cada vez máis extrema espalla un discurso do odio e da intolerancia cara o emigrante.
“Vemos como xente que foxe das guerras, da miseria ou das ditaduras en lugar de ser acollida cos brazos abertos é sinalada para tentar tapar as irresponsabilidades dun sistema que deixa a moita xente atrás, e por iso tamén temos que defender a dignidade de todas as persoas, defender valores que nos permitan avanzar porque nada se constrúe sobre o odio, o insulto é sobre a degradación persoal”, destacou Pontón na súa intervención ante a colectividade galega, nun acto que tamén contou coa presenza da eurodeputada Ana Miranda.
A líder do Bloque alertou contra o avance da extrema dereita, -tamén en Arxentina co actual goberno-, un avance da ideoloxía ultra que busca “degradar” a política, para desprestixiar “o único instrumento que temos a xente do común a xente para cambiar as cousas fronte ós privilexios dos de sempre, buscan enfrontarnos a uns cos outros e non o imos permitir”. Neste contexto, o ideario de Castelao está máis vixente que nunca, explicou Pontón, quen instou a “construír desde a esperanza”, fronte aos que queren impoñer o discurso do medo.
“Dicía Castelao que o verdadeiro heroísmo consiste en converter as ideas en feitos e os soños en realidades, hai quen quere que non soñemos e hai quen quere que pensemos que iso non é posible, pero nós estamos aquí para revelarnos e seguir construíndo desde a esperanza de que outro mundo é posible, de que hai que defender a humanidade, a democracia os valores que nos permiten avanzar”, proclamou.
Na celebración do Ano de Castelao, Pontón criticou a quen pretende “descafeinar” o seu legado político porque, -denunciou-, aos que lles interesa que nada cambie, o exemplo de vida e de coraxe do nacionalista segue a ser un perigo.
“Castelao é perigoso para os que queren que haxa desigualdade, para os que pretenden que a nosa lingua galega, para os que buscan que cada vez teñamos menos dereitos”, alegou na súa intervención. Fronte a esa dereita e extrema dereita que espalla o medo, a intolerancia e o odio, “Castelao representa o mellor do ser humano, por iso temos que seguir mantendo en pé a bandeira de Galiza, a bandeira de Castelao e a bandeira da esperanza de que outro mundo é posible e imos facelo realidade”, concluíu Pontón.
Defendeu un País de acollida fronte ós que propagan o discurso do odio e da intolerancia contra a inmigración: “Nós sabemos ben o que é emigrar”
A homenaxe cun busto do 1º presidente galego no exilio coincide co 81 aniversario da constitución do Consello de Galiza en Montevideo en 1944
Santiago de Compostela, 16 novembro de 2025.- A portavoz nacional, Ana Pontón, pecha a súa viaxe coa participación no Museo da Emigración de Bos Aires na homenaxe a Castelao organizado pola Federación de Asociacións Galegas en Arxentina, coa inauguración dun busto de quen a líder do BNG definiu como “o primeiro presidente de Galiza no exilio”, acto que coincidiu co 81 aniversario da constitución do Consello de Galiza o 15 de novembro de 1944 en Montevideo, o goberno galego no exilio.
Pontón aproveitou o acto para facer un recoñecemento a todas as persoas que integran a diáspora pola súa aportación á construción do País ao longo de décadas, desde a xeración de Castelao que mantivo viva “a reivindicación democrática do dereito dos pobos a poder decidir o seu futuro, a defensa da liberdade, da democracia e de todos os valores que nos fan avanzar como sociedade”, até as novas xeracións na diáspora que manteñen o seu vínculo coa súa terra de orixe.
Neste sentido, a portavoz nacional ofreceu man tendida á diáspora desde o convencemento, recalcou, “de que ten que ser parte activa da alternativa política que o BNG ten para Galiza, porque é de xustiza contar con vós, que formades parte do proxecto de goberno que recolle os ideais que Castelao pensou para o noso País”.
Hoxe máis que nunca, alegou Pontón, “temos que seguir o exemplo de Castelo e seguir removendo conciencias, porque non podemos calar mentres se intenta criminalizar ás persoas porque teñan que emigrar do seu País, e non sabemos ben, vós sabedes ben o dura que é a emigración”, subliñou.
Por iso, é intolerable como a extrema dereita e unha dereita cada vez máis extrema espalla un discurso do odio e da intolerancia cara o emigrante.
“Vemos como xente que foxe das guerras, da miseria ou das ditaduras en lugar de ser acollida cos brazos abertos é sinalada para tentar tapar as irresponsabilidades dun sistema que deixa a moita xente atrás, e por iso tamén temos que defender a dignidade de todas as persoas, defender valores que nos permitan avanzar porque nada se constrúe sobre o odio, o insulto é sobre a degradación persoal”, destacou Pontón na súa intervención ante a colectividade galega, nun acto que tamén contou coa presenza da eurodeputada Ana Miranda.
A líder do Bloque alertou contra o avance da extrema dereita, -tamén en Arxentina co actual goberno-, un avance da ideoloxía ultra que busca “degradar” a política, para desprestixiar “o único instrumento que temos a xente do común a xente para cambiar as cousas fronte ós privilexios dos de sempre, buscan enfrontarnos a uns cos outros e non o imos permitir”.
