86 aniversario da partida de 900 refuxiados cara República Dominicana

Galegos que fixeron historia | O 30 de xaneiro de 1940 parten dende Burdeos 900 refuxiados e refuxiadas a bordo do buque “De La Salle”, unha nova expedición colectiva de exiliados organizada por Alejandro Viana como Director Xeral do SERE, quen acude persoalmente ao embarque, e Pastor Candeira, Xefe da Sección de Emigración.

Nunha carta, Alejandro Viana dalle ao delegado do SERE en Perpignan, Juan de Zubiaga, as instrucións pormenorizadas correspondentes a ese embarque, instrucións que reflicten a complexidade das operacións de evacuación. Dende as oficinas centrais do SERE en París remitíanse ás delegacións do organismo espalladas por Francia as documentacións visadas dos refuxiados seleccionados para o embarque.

Os delegados do SERE debían presentalas perante o Prefecto francés, xestionando para cada refuxiado o visa de saída de Francia e os billetes de ferrocarril gratuitos. Ao mesmo tempo o SERE xestionaba coa organización humanitaria coñecida como Comité Británico a entrega dun equipo de roupa exterior e outro de roupa interior a cada un dos pasaxeiros procedentes dos campos de concentración nas praias francesas.

Os refuxiados deses campos preocupaban especialmente a Alejandro Viana polo que advirte a Juan de Zubiaga:

“ ́ ́ , ́ , . ́ ”.

Viana advertía da importancia de que “ninguno de los comprendidos en el embarque deje de salir del campo por falta de diligencia que pueda ser atribuida al SERE”. Respecto aos refuxiados residentes fóra dos campos de concentración as delegacións do SERE debían enviarlles cartas citándoos nas oficinas do Servicio de Evacuación para recoller os seus pasaportes. Finalmente os exiliados tiñan que presentarse no porto de embarque, neste caso en Burdeos, vintecatro horas antes da saída do barco.

Entre a pasaxe desta expedición había estudantes, labregos, axentes comerciais, dependentes de comercio, metalúrxicos, contábeis, mecanógrafas, comerciantes, maquinistas de ferrocarril, modistas, taquígrafos, cociñeiros, mecánicos, mariñeiros, xornalistas, médicos, carpinteiros, técnicos industriais, veterinarios, panadeiros, escritores, empregados de banca, peritos agrónomos, peritos mercantís, avogados, catedráticos, cesteiros, cigarreiras, condutores, mecánicos, profesoras de música, marmolistas, mestres, albaneis, dentistas, libreiros, etc…

Entre os pasaxeiros atopábase Constacio Bernaldo de Quirós, escritor, sociólogo, xurista e catedrático de Dereito Penal e Criminoloxía. Tras a Guerra Civil exiliouse a Francia onde tivo que vivir durante un ano nun asilo para indixentes coa súa dona, os seus fillos e os seus netos, até que cos fondos da axuda para os refuxiados foi incluido coa súa familia nesta expedición organizada polo SERE e Viana. Na Republica Dominicana e logo en La Habana e en México -onde faleceu en 1959- foi catedrático de Criminoloxía e Dereito Penal ademais de académico da Academia Mexicana de Ciencias Xurídicas.

Podes acceder á listaxe completa dos pasaxeiros desta expedición nesta ligazón:
https://barcosdelexiliorepublicano.com/assets/files/BAGN_2013_No_135%20nuevo.pdf

, . “ . ́ ”. . 2021

.- ́ . 00007-02 . 83. . 12.2.1940

́ (). ́. 21020100020026001-3

Deixa unha resposta

Os nosos anunciantes son importantes para nós.
Fainos o favor de desactivar o bloqueador de anuncios ou
engadir este sítio a túa lista branca.

Grazas!