As gaitas de Torroso soarán en Bos Aires
Arxentina | Unha representación do Grupo de Gaitas Ruada de Torroso acompañou á comitiva municipal a Bos Aires ata o 21 de abril, coincidindo coa celebración do 108 aniversario da Asociación de Residentes de Mos na capital arxentina.
Ruada de Torroso é unha agrupación vinculada ao Centro Recreativo Cultural e Veciñal de Torroso que naceu no ano 1985. Actualmente está formada por arredor de vinte integrantes, con idades que van dos 14 aos 55 anos. Co tempo xurdiu Ruada Folc, unha proposta que amplía o formato tradicional incorporando novos instrumentos e sonoridades.

