Etiqueta: IES Pedras Rubias

O IES Pedras Rubias de Salceda recupera dúas cabeceiras históricas da emigración
Arxentina, Novas da emigración

O IES Pedras Rubias de Salceda recupera dúas cabeceiras históricas da emigración

Argentina | Galiciana-Biblioteca Dixital de Galicia acaba de incorporar unha nova colección histórica procedente da diáspora galega na Arxentina: os exemplares conservados de La Voz del Centro e El Agrario, publicacións editadas en Bos Aires polo Centro de Protección Agrícola de Salceda de Caselas entre 1917 e 1926. A colección foi prestada á Biblioteca de Galicia por un veciño do concello de Salceda de Caselas, a través da intermediación do IES Pedras Rubias desta mesma localidade. Este préstamo temporal permitiu levar a cabo a súa dixitalización e difusión pública a través de Galiciana-BDG. Trátase de tres volumes encadernados que reúnen boa parte dos 108 números publicados, aínda que faltan 27 exemplares da colección orixinal. O proxecto permitiu incorporar a Galiciana-BDG...

Os nosos anunciantes son importantes para nós.
Fainos o favor de desactivar o bloqueador de anuncios ou
engadir este sítio a túa lista branca.

Grazas!