Etiqueta: UE

Ana Miranda participa na misión da Eurocámara a México
México

Ana Miranda participa na misión da Eurocámara a México

México/BNG | A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, participa como vicepresidenta terceira de Eurolat nunha viaxe de nove eurodeputadas e eurodeputados a México co obxectivo de analizar a aplicación do Acordo Global coa Unión Europea e reforzar as relacións bilaterais, nun contexto xeopolítico de incerteza e cando México e Europa sofren ataques a cotío do presidente dos Estados Unidos, Donald Trump. "Debemos garantir que tódalas persoas na Unión Europea, en México e no mundo poidan vivir en paz, con seguridade e dignidade", pediu Ana Miranda nun discurso pronunciado no Senado mexicano, onde fixo un chamamento "a defender a democracia, porque é a defensa da soberanía nacional e do respecto dos pobos". O impulso no respecto dos dereitos humanos xunto coa igualdade de xénero, así como unha...
António Costa, presidente do Consello Europeo, recoñece que a columna racista de Rajoy durante o Mundial é “inaceptable”
Novas da emigración, Outros países

António Costa, presidente do Consello Europeo, recoñece que a columna racista de Rajoy durante o Mundial é “inaceptable”

Bruxelas | A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, vén de recibir a resposta oficial do presidente do Consello Europeo, António Costa, á carta enviada xunto a 22 eurodeputadas e eurodeputados o 14 de xullo na que denunciaban a tribuna de opinión do ex presidente do Goberno, Mariano Rajoy sobre a selección francesa durante a Copa do Mundo de Fútbol na que de xeito racista e xenófobo desprezaba a composición da selección nacional francesa asegurando que era de "altísimo nivel, eso si, sen franceses". Na misiva achegada polo equipo de Antonio Costa critícanse eses termos como "inaceptables" porque "non teñen lugar nun discurso público respectuoso". "As preocupacións sobre a natureza racista e xenófoba desas afirmacións" escritas polo señor M. Rajoy "chamaron a atención" do presidente Costa...

Os nosos anunciantes son importantes para nós.
Fainos o favor de desactivar o bloqueador de anuncios ou
engadir este sítio a túa lista branca.

Grazas!