Elvira Domínguez, nova Delegada da Xunta de Galicia en Uruguai
Santiago de Compostela | O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou, durante o acto de toma de posesión da nova delegada da Xunta en Uruguai, Elvira Domínguez, que este nomeamento renova o compromiso de Galicia coa atención á diáspora, co fomento da cultura e co impulso de as relacións económicas.
A nova delegada da Xunta en Uruguai, durante a súa toma de posesión. "Galicia e Uruguai temos moitas oportunidades", salientou Rueda, quen por iso destacou a importancia de que a Comunidade estivese representada de maneira permanente.
"O camiño é modernizar as relacións entre dúas terras que teñen tanto que ver", apuntou. A este respecto, aseverou que Galicia segue disposta a apostar por Uruguai para despregar alí todo o potencial empresarial e ten as portas abertas para que os urug...



