A Hermandad Gallega de Venezuela celebrou o seu 66° Aniversario
Venezuela | O 12 de outubro, a Hermandad Gallega de Venezuela conmemorou con orgullo o seu 66.° aniversario e o Día da Hispanidade co tradicional Acto Protocolar na Praza Bolívar, acompañados pola nosa Banda de Gaitas Xuntanza Fillos de Ourense, quen interpretou os himnos solemnes. A presentación do acto estivo a cargo do director de Relacións Públicas, Ramón López, quen deu inicio á xornada e invitou o noso presidente, Jesús Alberto Bello Cousello, a ofrecer unhas emotivas palabras aos presentes. Posteriormente, a Asemblea de Representantes, a Xunta Directiva e as agrupacións políticas realizaron a entrega de ofrendas florais.
Para pechar este encontro, a comunidade reuniuse na Misa en honra á Virxe do Pilar, organizada polo Comité de Damas, culminando así con la tradicional proces...

