O xornalismo independente salvadoreño dá voz ás nais dos presos do rexime de excepción
Galicia | Jéssica Ávalos, xornalista salvadoreña acollida estes meses no noso país polo programa Galicia Abriga, presenta esta tarde en Barcelona Mares de Març, un documental de 35 minutos que recolle as historias de catro nais salvadoreñas que piden xustiza para os seus familiares, detidos baixo o réxime de excepción vixente desde marzo de 2022.
A película, narrada en catalán, ofrece unha ollada fóra do marco que o goberno de El Salvador está a vender ao mundo, presumindo de como a "man dura" e a construcción dunha macroprisión pode acabar coa violencia nas rúas. Un modelo que mesmo están a importar outros países.
Jéssica Ávalos, xornalista con décadas de experiencia no reporteirismo e na edición de pezas de investigación, explica que as pandillas controlaron durante anos o espa...

