A Xunta de Galicia destaca a fortaleza cultural da comunidade galega en São Paulo e Santos

Brasil | O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, participou no gran acto cultural celebrado no salón Anchieta da Sociedade Hispano Brasileira de Socorros Mutuos e Instruçao, coñecida como Casa de España de São Paulo, e que acolle ás persoas españolas deste estado, maioritariamente galegos e galegas.

Fundada en 1898, co obxectivo orixinal de ofrecer apoio e asistencia mutua aos inmigrantes españois que chegaban ao país suramericano, a Sociedade Hispano Brasileira converteuse ao longo da súa historia nun punto de encontro fundamental para a colectividade e, moi especialmente, para a comunidade galega.

Esta importante celebración supón un novo impulso para a dinamización social e cultural do centro. Como peche da xornada, o acto contou coa actuación musical da artista galega Rosa Cedrón, quen puxo o broche de ouro a esta celebración da galeguidade en São Paulo. O encontro tamén contou cunha importante presenza de emigrantes galegos da localidade veciña de Santos.

Deixa unha resposta

Os nosos anunciantes son importantes para nós.
Fainos o favor de desactivar o bloqueador de anuncios ou
engadir este sítio a túa lista branca.

Grazas!