Ana Miranda participa na misión da Eurocámara a México
México/BNG | A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, participa como vicepresidenta terceira de Eurolat nunha viaxe de nove eurodeputadas e eurodeputados a México co obxectivo de analizar a aplicación do Acordo Global coa Unión Europea e reforzar as relacións bilaterais, nun contexto xeopolítico de incerteza e cando México e Europa sofren ataques a cotío do presidente dos Estados Unidos, Donald Trump.
"Debemos garantir que tódalas persoas na Unión Europea, en México e no mundo poidan vivir en paz, con seguridade e dignidade", pediu Ana Miranda nun discurso pronunciado no Senado mexicano, onde fixo un chamamento "a defender a democracia, porque é a defensa da soberanía nacional e do respecto dos pobos".
O impulso no respecto dos dereitos humanos xunto coa igualdade de xénero, así como unha...

