A Hermandad Gallega de Venezuela celebrou o seu 66° Aniversario

Venezuela | O 12 de outubro, a Hermandad Gallega de Venezuela conmemorou con orgullo o seu 66.° aniversario e o Día da Hispanidade co tradicional Acto Protocolar na Praza Bolívar, acompañados pola nosa Banda de Gaitas Xuntanza Fillos de Ourense, quen interpretou os himnos solemnes. A presentación do acto estivo a cargo do director de Relacións Públicas, Ramón López, quen deu inicio á xornada e invitou o noso presidente, Jesús Alberto Bello Cousello, a ofrecer unhas emotivas palabras aos presentes. Posteriormente, a Asemblea de Representantes, a Xunta Directiva e as agrupacións políticas realizaron a entrega de ofrendas florais.

Para pechar este encontro, a comunidade reuniuse na Misa en honra á Virxe do Pilar, organizada polo Comité de Damas, culminando así con la tradicional procesión en tributo á fe, a cultura e a historia da nosa segunda casa.

A gran celebración tivo como espectáculo central a presentación en vivo do recoñecido artista venezolano Nacho, quen puxo a bailar a todos os asistentes ao ritmo dos seus temas máis icónicos, sumada á actuación de Franco Lugo e Los Algoritmos co seu tributo musical “Forever Queen”. Un ambiente festivo que se mantivo vibrante de principio a fin grazas ás mesturas de DJ Caribbean, Porcel, JC Montero e Alex Prezer, a enerxía da hora tola e as sorpresas outorgadas polos nosos patrocinantes e aliados comerciais, consolidando unha noite de gala que quedará gravada na memoria de la gran familia galega.

Deixa unha resposta

Os nosos anunciantes son importantes para nós.
Fainos o favor de desactivar o bloqueador de anuncios ou
engadir este sítio a túa lista branca.

Grazas!